A Xunta alega que "descoñece" o contido do pacto secreto con Altri que asinou un conselleiro

As incertezas medran en torno ao proxecto de Altri en Palas mentres unha permanece dende o inicio: o contido exacto do acordo do Goberno galego coa compañía a través da agora disolvida sociedade Impulsa Galicia. Ante unha nova petición de Praza.gal ao abeiro da Lei de Transparencia, reitera que a sociedade era allea á norma por ser "privada", que o documento rubricado polo daquela vicepresidente e conselleiro Conde era un "negocio xurídico privado" que, agrega agora, o Goberno galego "descoñece"

Fálase de...

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.

Devagar

  • "En 'Traspielas' convido a reflexionar sobre estar presente, entender a terra e todo o que significa"

    Su Garrido Pombo ve a música como parte esencial da vida, nunca como un espectáculo ou un adorno. Así entende a responsabilidade de facer música e, en parte por iso, presenta agora un proxecto que vai máis alá da música: Traspielas. Un álbum que quere capturar a comunidade da aldea, a lembranza dos seráns coa súa avoa e as veciñas cantando estas cancións que quere gravar xunto a Macarena Montesinos, Iago Ramilo, Marco Maril e Fran Rodríguez Casal

  • "Interesábame darlle unha volta á visión vulnerable das señoras maiores"

    Sandra Lodi está a percorrer o país co seu primeiro cómic, Adelina, a historia dunha muller que foxe da residencia de maiores na que vive e inicia un periplo para volver ao seu fogar. Un camiño no que deixa claro que mantén a súa dignidade intacta. Esta obra, publicada por Galaxia o pasado mes de novembro, recibiu o Premio Castelao de banda deseñada na edición de 2024.

  • Noticias do ano que volvemos arder

    Si, isto que tes diante é outro deses resumos do ano. Repasamos as informacións máis lidas en Praza.gal, desbrozámolas e complementámolas con algo de contexto xornalístico