Santiago

  • "A resistencia en Gaza é o único que queda porque non teñen armas, nin exército, nin apoio político ou económico"

    Sara Ashour (Gaza, 2002) vive en Santiago desde os cinco anos, estuda o último curso do grao en Administración e dirección de empresas na Universidade de Santiago de Compostela e fala árabe, galego, castelán, inglés e francés. Marchou de Gaza o 31 de agosto de 2023, foron as últimas vacacións que puido pasar alí coa súa familia. Está a vivir o xenocidio do pobo palestino en directo, como toda poboación mundial, coa diferenza de que na súa casa recoñecen as vítimas que se ven a través da pantalla.