Do ensaio ao álbum ilustrado e da poesía á divulgación: as 70 obras candidatas aos premios Follas Novas

Portadas dalgúns dos libros finalistas nos premios Follas Novas CC-BY-SA Montaxe: Praza.gal

Un xurado escollerá as tres obras finalistas por categoría e as gañadoras daranse a coñecer nunha gala no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 11 de maio


Un total de setenta obras seleccionadas entre o máis destacado do publicado na literatura galega desde decembro de 2022 a novembro de 2023 aspiran a seren recoñecidas nos premios Follas Novas do Libro Galego, organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG). 

Nas próximas semanas un xurado escollerá os tres títulos finalistas por cada categoría pero haberá que agardar un mes para coñecer as obras gañadoras, que se darán a coñecer na gala dos premios Follas Novas. A cita para a entrega destes galardóns que reúnen a todos os sectores do mundo do libro e da literatura será no Teatro Principal de Santiago de Compostela o sábado 11 de maio.


Listado de categorías e candidaturas Premios Follas Novas 2024


PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA

A muller xabaril, de Fina Casalderrey. Edicións Xerais de Galicia.

A parte fácil, de Ismael Ramos. Edicións Xerais de Galicia.

Cinco corujas, de Susana Sanches Arins. Atraves Editora.

Coa man esquerda, de Xabier Quiroga. Edicións Xerais de Galicia.

Hotel Carioca, de Anton Riveiro Coello. Editorial Galaxia.

Ninguén contará a verdade, de Pedro Feijoo. Edicións Xerais de Galicia.


PREMIO Á OBRA INFANTIL

A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo. Edicións Xerais de Galicia.

Daniel no peirao, de Paula Carballeira e Eli García. Editorial Galaxia.

E que vai ser?, deAdelaida Vidal e María Montes. Baía Edicións.

O meu amigo Federico. de Jesús Castro Yáñez e Iván R. Triqueta Editora.

Monstr3s, de Laura Parrula e Óscar Villán. Patasdepeixe Editora.

O día que choveron gatos, de Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.


PREMIO Á OBRA XUVENIL

A tribo do mar, de Lois Pérez. Edicións Xerais de Galicia.

Burbullas de calma serena, de Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.

Furia, de María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.

Noite no cemiterio, de Carlos Vega. Boadicea Editora.

Nom estamos quebrades, de Nee Barros. Cuarto de inverno.

Segredos soterrados, de Xabier Domínguez e Alba de Evan. Edicións Xerais de Galicia.

Fotografía de arquivo dunha actividade de Espazo Lectura, finalista ao premio de promoción da lectura © Espazo Lectura

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA

Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatios LGTBIQA+. VV.AA Edicións Xerais de Galicia.

Colección Cademaia. Edicións Laiovento.

Colección Clásicos Ilustrados. Aira Editorial.

Colección de poesía Filomena Dato. Apiario.

Colección Tambo de poesía. Coord. Luís Rei Núñez. Kalandraka.

Miudiños (Rosalía de Castro e Luís Seoane). Xabier Domínguez e Alba de Evan. Cumio Editorial.


PREMIO Á OBRA TRADUCIDA

A campá de vidro, de Sylvia Plath. Celia Recarey. Irmás Cartoné.

As gratitudes, de Delphine de Vigan. Xavier Senín. Editorial Hugin e Munin.

As iluminacións, de Árthur Rimbaud. Tamara Andrés e Oriana Méndez. Kalandraka.

Deiche os ollos e miraches as tebras, de Irene Solà. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.

Morte accidental dun anarquista, de Darío Fo. María Alonso Seisdedos. Editorial Galaxia.

Trompeta, de Jackie Kay. María Reimóndez. Editorial Hugin e Munin.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA

Diarios 1 / Azul Monforte, de Antón Lopo. Edicións Espiral Maior.

Enxertos, de Dores Tembras. Apiario.

Imago, de Helena de Carlos. Kalandraka.

Retratos de vodas, partos e funerais, de Silvia Penas. Editorial Galaxia.

Salón de Té, de Lupe Gómez. Edicións Xerais de Galicia.

Sonora, de Chus Pato. Edicións Xerais de Galicia.


PREMIO AO LIBRO DE TEATRO

Daniel no peirao, de Paula Carballeira. Editorial Galaxia.

Faise o escuro, de Carme Varela. Edicións Positivas.

Festas de gardar. Díptico para a resistencia, de Lorena Conde. Cuarto de inverno.

Mambrú volveu da guerra, de Carlos Labrana. Edicións Xerais de Galicia.

Perder (2016-2021), de Roberto Salgueiro. Editorial Galaxia.

Síbaris, de Domingo Villar. Editorial Galaxia.

 

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN

Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición, de Ramón Marino Fernández. Edicións Laiovento.

Gárgolas en Compostela, de Benxamín Vázquez. Fotografías de Xaime Cortizo. Alvarellos Editora. Consorcio de Santiago.

Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete, de Héctor Pena. Editorial Galaxia.

O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto, de Manolo González. Alvarellos Editora.

O cento voando. Amores, alianzas e monogamias, de Ándrea Nunes Brions e Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.

Unha historia da arte galega, de Carlos López Bernárdez. Edicións Laiovento.

As comadres das letras son finalistas na categoría de promoción da lectura CC-BY-SA Marisa de Corme

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO

Burbullas de calma serena, de Ándrea Maceiras. Cuarto de inverno.

Ei, Ti! Dinosaurízate!, de Paula Merlan e Rena Ortega. Triqueta Editora.

Enxertos, de Dores Tembras. Apiario.

Festas de gardar. Díptico para a resistencia, de Lorena Conde. Cuarto de inverno.

O gran libro dos nosos montes, de Blanca Millán. Cumio Editorial.

Ser cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo, de Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.
 

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA

As comadres das letras

Biblioteca de Sober. Concello de Sober

Club de lectura en Instagram @contosnalareira

Espazo Lectura de Gondomar

Libraría Cartabon de Vigo

Revista O Papagaio (o xornal da xente miuda)

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO

A parte dos anxos, de Carlos Lago e Emma Pedreira. Aira Editorial.

A visita, de Anna Font e Nuria Figueras. Kalandraka.

Cando chega o outono, de Marina Rey Noya. Aira Editorial.

Maldiño, a vergoña da familia, de Esteban Souto. Antela Editorial.

Maruja Mallo. Enigmaticamente única, de Bea Gregores e María Canosa. Editorial Bululú.

O gran libro dos nosos montes, de Blanca Millán. Cumio Editorial.


PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR

Estou ocupado!, de R.J. Peralte e Blanca Millán. Cumio Editorial.

Fago o que podo, de Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.

O grande aviario, de Eli García. Antela Editorial.

O paso do noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy, de Primitivo e Xabier Queipo. Editorial Galaxia.

Os suicidantes, de Tomás Guerrero e Diego Ameixeiras. Edicións Xerais de Galicia.

Xaora, de Ana Moreiras. Aira Editorial.

 

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN

As bicicletas si son para Galicia. Catro Ventos Editora.

Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos, de Áurora Marco. Álvarellos Editora.

De Galicia a Mauthausen, de Alba Garrido. Editorial Galaxia.

Melpómene entre nós. A reelaboración dos clásicos gregolatinos na dramaturxia galega contemporánea, de Iria Pedreira Sanjurjo. Edicións Laiovento.

Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura, de Rebeca Baceiredo. Edicións Xerais de Galicia.

Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo, de Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.