A Ribeiriña da Pobra, onde o mar vai recuperando o seu
A rexeneración ambiental da contorna onde foi construída en 1908 a conserveira 'La onza de oro' permite "reverter ao seu estado natural" uns 5.500 metros cadrados e mesmo 'resucitar' un anaco de praia. A zona litoral rexenerada está a apenas tres quilómetros de dous exemplos no sentido contrario: senllos recheos executados en 2001 e 2014 para usar como aparcadoiro de coches privados e instalar unha gasolineira