A Semana Galega de Filosofía chega a 40 edicións e reflexiona sobre o tempo acelerado e os seus efectos

Presentación da XL Semana Galega de Filosofía © Aula Castelao

 A Semana de Filosofía chega á súa edición número 40, que nesta ocasión xirará ao redor do concepto de tempo e que celebrará as súas sesións do 1 ao 5 de abril no Teatro Principal

Dende hai catro décadas Pontevedra acolle un evento único de pensamento e debate. A Semana Galega de Filosofía, organizada pola Aula Castelao é case un milagre en tempos de instantaneidade e de escaso interese polo coñecemento e a propia filosofía. A Semana de Filosofía chega á súa edición número 40, que nesta ocasión xirará ao redor do concepto de tempo e que celebrará as súas sesións do 1 ao 5 de abril no Teatro Principal da Boa Vila.

Este martes presentáronse os contidos desta edición número 40, nun acto no que participaron o presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendón, con Eva Mouriño, Ana Area e Anxo Pazó, integrantes da entidade. 

Entre as persoas que intervirán nas cinco xornadas da Semana -de luns a venres-, en sesións de mañá, tarde e noite, destaca a profesora de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid, Ana Carrasco; o científico Xurxo Mariño; a feminista Ana de Miguel Álvarez; Alicia Puleo, que centrará a súa intervención no ecofeminismo; ou Yolanda Castaño, que achegará a súa concepción e percepción do tempo desde a arte.

Cartel da XL Semana Galega de Filosofía © Aula Castelao

Nesta Semana "falaremos do tempo que nos tocou vivir e as súas problemáticas como a crise ecolóxica ou a cuestión de como distribuimos o tempo nos tempos do capitalismo", destacouse na presentación

No acto fíxose fincapé na significación do 40 aniversario do evento e no propio concepto de tempo, destacando que nesta Semana "falaremos do tempo que nos tocou vivir, da nosa contemporaneidade e as relativas a historia, o tempo concreto que estamos vivindo e as súas problemáticas como a crise ecolóxica, a cuestión de como distribuimos o tempo nos tempos do capitalismo e de como o traballo e a productividade ocupan a centralidade nesta repartición do tempo". Así mesmo, "falaremos de cuestión como a acelaración do tempo á que nos vemos sometidos todos e todas na actualidade e é unha das causas dunha doenza sistémica com as doenzas mentais", engadiron.

O programa das tardes estará centrado en Galicia, a súa cultura e a súa antropoloxía, coas intervencións de Manuel Cabada, Anselmo López Carreira, Yolanda Castaño, María Leyra e Carlos Callón

Fina Birulés, profesora na Universidade de Barcelona, será a encargada da sesión inaugural. Birulés traballa sobre teorías feministas e o pensamento filosófico feminino na primeira metade do século XX facendo fincapé en Hannah Arendt. A partir dela establecerá unha relación entre o presente e o futuro tratando de face fincapé nesa ruptura irreversible, facendo insitencia na memoria e a cristalización como vías para entender unha nova relación co pasado.

O programa das tardes estará centrado en Galicia, a súa cultura e a súa antropoloxía, coas intervencións de Manuel Cabada, Anselmo López Carreira, Yolanda Castaño, María Leyra e Carlos Callón. Yolanda Castaño, que intervirá o mércores, con 'Unha arte temporal extraída dunha mina temporal’ reflexionará sobre a necesidade da poesía que precisa tempo: "o tempo para procesamento dunha emoción logo de vivivla, o tempo en que transcurre a lectura ou a escoita, ou o tempo que o lector ou lectora precisa para abordala dende interpretación crítica e refexiva".

O martes, Alicia Puleo afondará nos desafíos que se abren desde unha perspectiva ecofeminisma que entende o tempo e a realidade desde ese outro paradigma que prioriza o tempo dos coidados 

As sesións da noite contarán con Xurxo Mariño, Alicia Puleo, Cristina García Sanz, Franco Berardi e Arturo Leyte. O luns Xurxo Mariño, biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas, axudará a pensar a percepción do tempo e a conexión deste con elementos emocionais, sensoriais, lingüísticos asi com a conexión desta percepción con elementos biolóxicos, o que pode abrir un debate ente determinismo e liberdade.

O martes, Alicia Puleo, Catedrática de Filosofía Moral e Política na Universidade de Valladolid, afondará nos desafíos que se abren desde unha perspectiva ecofeminisma que entende o tempo e a realidade desde ese outro paradigma que prioriza o tempo dos coidados e da solidaridade e na procura da xustiza e humanidade reconciliada coa naturaza.

O xoves será a quenda do filósofo italiano Franco Berardi, autor de libros como Despois do futuro e A fábrica da infelicidade. Afondará na vivencia do tempo e en como este se constrúe nas sociedades capitalistas e plantexa como unha acumulación de materia, riqueza e capital.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.