Cambre, concello fallido?

Casa do Concello de Cambre CC-BY-SA elisardojm

O pasado día 7 de marzo aconteceu en Galicia un suceso insólito. O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, dimitía por ser incapaz de facer contratos administrativos e pagar as facturas das empresas contratistas do concello. Con certeza, estamos moi pouco acostumados a que os alcaldes dimitan. Se acaso, dimiten por algún tipo de imputación penal relacionada coa súa actividade político-administrativa ou persoal, ou os remove algunha moción de censura, ou pasan a mellor vida (outro cargo público)

1. O pasado día 7 de marzo aconteceu en Galicia un suceso insólito.

O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, dimitía por ser incapaz de facer contratos administrativos e pagar as facturas das empresas contratistas do concello.

Como?

2. Con certeza, estamos moi pouco acostumados a que os alcaldes dimitan. 

Se acaso, dimiten por algún tipo de imputación penal relacionada coa súa actividade político-administrativa ou persoal, ou os remove algunha moción de censura, ou pasan a mellor vida (outro cargo público). 

Mais aqueles tempos das dimisións por imputación das Pokemon, Pulpo e demáis operacións de Pilar de Lara, pasaron felizmente á historia, e non parece que vaian volver. Para mostra un botón: en maio do 2023, un presidente de Deputación provincial imputado por delito contra a seguridade viaria, seguiu presentándose ás eleccións municipais polo Partido Popular, e renunciou á presidencia da Deputación de Ourense a cambio de ser nomeado senador por designacion autonómica, co correspondente aforamento perante o Tribunal Supremo. Parvo o último!

Por iso, que un alcalde veterano dimita de impotencia administrativa, e non por causas políticas, xudiciais ou de saúde, “no es cosa menor” nen ocorre todos os días

Por iso, que un alcalde veterano dimita de impotencia administrativa, e non por causas políticas, xudiciais ou de saúde, “no es cosa menor” nen ocorre todos os días. É a primeira vez que tal cousa acontece no noso país, e mesmo en España, se me apuran (na internet apenas se constata o caso de algún concelleiro dimitido por estas cousas domésticas da contratación administrativa). 

Xa que logo, comprenderase que lle dediquemos unha peza divulgativa a tan estraño asunto do municipalismo galego, aproveitando o feito de que quen isto escrebe, ademáis de veciño de Cambre e cidadán de esquerdas, é xurista que algo sabe de Dereito Administrativo e da contratación pública.

Óscar García Patiño © Concello de Cambre

O suceso extraordinario aparentemente imprevisto é o bloqueo da prestación dos servizos públicos obrigatorios do Concello pola reiterada acumulación de informes negativos das funcionarias de habilitación nacional (secretaria e interventora municipal) en materia de contratos públicos. Estes informes impeden pagar contratos cuxa vixencia rematou, pero que seguen prestándose polas empresas contratistas por orde do Concello, á espera dunha nova licitación

3. Ben mirado, o acontecido en Cambre pode explicarse aplicando a “teoría do cisne negro” de Nassim Taleb: un suceso extraordinario, aparentemente imprevisible cando acontece, pero que, unha vez sucedido, pode explicarse retrospectivamente por toda unha serie de circunstancias causais que non foron correctamente apreciadas no seu momento.

O suceso extraordinario aparentemente imprevisto é o bloqueo da prestación dos servizos públicos obrigatorios do Concello pola reiterada acumulación de informes negativos das funcionarias de habilitación nacional (secretaria e interventora municipal) en materia de contratos públicos. Estes informes impeden pagar contratos cuxa vixencia rematou, pero que seguen prestándose polas empresas contratistas por orde do Concello, á espera dunha nova licitación.

As causas desta situación son varias: unha lei de contratos públicos, especialmente complexa e rigorosa, que desconfía dos xestores, e non ten en conta a dinámica e as dificultades de xestión das pequenas administracións; a escasez de funcionarios especializados; o medo a ser imputados por prevaricación; a acumulación resiliente de malas prácticas; mais, sobre todo, no caso de Cambre, a causa fundamental é unha interpretación excesivamente rigorosa do ordenamento xurídico por parte das funcionarias con habilitación nacional, a secretaria e interventora municipal. A imposibilidade de gastar o diñeiro público de Cambre nas súas lexítimas finalidades reside, en última instancia, en que a secretaria e a interventora coinciden en considerar a súa particular interpretación xurídica dun complexo nudo de normas como a única legalmente posible

As causas desta situación son varias; mais, sobre todo, no caso de Cambre, a causa fundamental é unha interpretación excesivamente rigorosa do ordenamento xurídico por parte das funcionarias con habilitación nacional, a secretaria e interventora municipal

4. A día de hoxe, Cambre ten bloqueado o pagamento de facturas aos seus contratistas por un total de 1.800.000 €. Trátase de contratos relacionados coa prestación de servizos públicos obrigatorios, isto é, obrigas prestacionais públicas que por Lei son responsabilidade das corporacións locais: abastecemento de augas, alumeado público, coidado de zonas verdes, limpeza viaria, suministración de combustible para os vehículos municipais...

A característica común destes contratos é que se trata de contratos caducados; isto é, contratos cuxa data de vixencia expirou sen que se tivera licitado e adxudicado un novo contrato público. 

Esta situación, moi común en todos os concellos galegos, da lugar habitualmente a que se aproben os denominados contratos ponte (legalmente previstos no artigo 29.4 da Lei de Contratos do Sector Público), ou se sigan pagando mensualmente as prestacións contra factura da empresa contratista, mentras non se adxudique outro contrato. Case todas as intervencións municipais adoitan reparar estes pagamentos, pero aceptan aboar as facturas mediante os denominados expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito, desde as premisas de que o principal é manter en funcionamento os servizos públicos municipais, mesmo por razóns de legalidade, e que as empresas cobren o seu mentras traballen para a Administración.

El Cisne Negro © Paidós

A día de hoxe, Cambre ten bloqueado o pagamento de facturas aos seus contratistas por un total de 1.800.000€.  A característica común destes contratos é que se trata de contratos caducados; isto é, contratos cuxa data de vixencia expirou sen que se tivera licitado e adxudicado un novo contrato público

5. Isto é o que se deixou de facer en Cambre desde que se incorporou unha nova interventora municipal, en xuño do 2023. 

O novo criterio das funcionarias foi considerar que estes contratos vencidos son nulos de pleno dereito, por carecer total e absolutamente das formalidades de adxudicación contractual; de tal modo que, para aboar as facturas emitidas polas empresas adxudicatarias unha vez expirado o contrato, é necesario tramitar previamente a declaración de nulidade do contrato polo pleno municipal. Isto obriga a solicitar un informe preceptivo e vinculante ao Consello Consultivo de Galicia, que alonga moito o procedemento. 

Do punto de vista técnico, trátase dunha interpretación xurídica rigorista, forzada e criticable dunha cuestión complexa, que admite outras lecturas plausibles, máis deferentes co funcionamento normal do Concello. Afórrolle ás lectoras de Praza os detalles. Abonda con saber que o propio Consello Consultivo tena rexeitado no seu Informe 78/2023, do 24 de abril, solicitado precisamente polo propio Concello de Cambre. 

O longo camiño burocrático que supón as declaracións de nulidade dos contratos leva a que, durante meses, as empresas contratistas (e os seus traballadores) non cobren o que se lles debe.

6. Malia o anterior, en Cambre non houbo rectificación nin modulación da ríxida interpretación desta cuestión. 

Mantense, xa como teima persoal, a interpretación que acabou levando Cambre ao escenario social e politicamente inasumible dun Concello fallido, incapaz de prestar os servizos básicos obrigatorios. 

O longo camiño burocrático que supón as declaracións de nulidade dos contratos leva a que, durante meses, as empresas contratistas (e os seus traballadores) non cobren o que se lles debe. Os efectos perversos, o caos, xa se produciu: convocatoria de folgas e manifestacións dos traballadores e os seus sindicatos diante das portas do Concello de Cambre, negativa da empresa subministradora de combustible a encherlle o depósito aos coches patrulla da policía local, sentenzas xudicias que condenan ao Concello por impagoUn martiroloxio administrativo e político capaz de acabar coa saúde de calquera político honesto. Iso foi o que lle pasou a Óscar García Patiño.

Por desgraza, malia o sacrificio do alcalde demitido, a situación ten traza de ir a pior. A dimisión de Oscar García Patiño non servirá para nada, agás para situar na picota a outro concelleiro ou concelleira, e manter un clima de tensión irrespirable

Por desgraza, malia o sacrificio do alcalde demitido, a situación ten traza de ir a pior. A dimisión de Oscar García Patiño non servirá para nada, agás para situar na picota a outro concelleiro ou concelleira, e manter un clima de tensión irrespirable. O persoal que prepara os pregos de contratación seguirá sendo o mesmo. As empresas, visto o panorama, coidaranse moito de presentar ofertas nas contratacións do futuro. Porque, se non aparecen actores institucionais externos interesados en facer unha mediación, seguirán impoñendo o seu criterio as dúas funcionarias con vocación de ciruxanas de ferro, empeñadas en converter Cambre nun insólito laboratorio do (seu) puritanismo xurídico: fiat Ius, pereat Cambre. E o cisne negro acabará, por desgraza, definitivamente instalado nas ribeiras do Río Mero.

Remato xa, expresando o que máis inquedante me resulta desta política do Dereito no ámbito local: a súa semellanza, mutatis mutandis, co puritanismo penal do Tribunal Supremo na súa inflexible persecución do independentismo catalán. Un signo dos tempos antipolíticos e reaccionarios que nos toca viver

7. Remato xa, expresando o que máis inquedante me resulta desta política do Dereito no ámbito local: a súa semellanza, mutatis mutandis, co puritanismo penal do Tribunal Supremo na súa inflexible persecución do independentismo catalán. Un signo dos tempos antipolíticos e reaccionarios que nos toca viver. Lonxe de ser un instrumento de resolución de problemas, estas interpretacións xurídicas inflexibles acaban virando un grave problema de seu. Pretendendo ser unha defensa do Estado de Dereito contra as dexeneracións do “populismo” municipal, poden acabar convertidas nunha das formas máis perversas de neutralización do principio democrático: a de conseguir que quen manda sexa unha casta funcionarial que asume para sí o monopolio da interpretación do Dereito como criterio único de lexitimación do poder. O bloqueo da renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial desde hai cinco anos é expresión máis clara de que as dereitas non están dispostas a renunciar ao monopolio da interpretación e aplicación do Dereito que outorga os nomeamentos da cúpula xudicial, porque saben que esa é a fórmula perfecta para anular o pluralismo político propio de calquera democracia.

O pasado 8 de marzo o Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local celebrou centenario do Estatuto municipal de Calvo Sotelo de 1924, onde Miguel Primo de Rivera creou os corpos de habilitados locais nacionais para garantir a defensa dos intereses da oligarquía madrileña no funcionamento dos concellos (e na captura das rendas dos seus negocios)

Non é casual que o pasado 8 de marzo, coincidindo co anuncio de accións contra o Alcalde de Cambre por atacar a “dignidade profisional” das funcionarias, o Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local celebrase o centenario do Estatuto municipal de Calvo Sotelo de 1924, onde Miguel Primo de Rivera, o ciruxano de ferro de Alfonso XIII, creou os corpos de habilitados locais nacionais para garantir a defensa dos intereses da oligarquía madrileña no funcionamento dos concellos (e na captura das rendas dos seus negocios). Que dubida cabe que eses, os das dúas ditaduras do século XX, eran os verdadeiros Estados de Dereito, onde se desmantelaba o caciquismo local, facíanse negocios limpos, e as leis gobernaban rectamente grazas á súa firme aplicación por funcionarios probos escollidos en Madrid…

 

San Lourenzo de Meixigo, Cambre, 12 de marzo do 2024.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.