Ecoloxistas en Acción denuncia unha vertedura na contorna da cidade do Celta, que advirte de que non é súa
Ecoloxistas en Acción vén de denunciar ante a Confederación Hidrográfica Miño - Sil o que, segundo indican, semella un vertido de fecais ilegal procedente da cidade deportiva do Celta que “está poñendo en perigo á saude das familias que se abastecen de auga dos pozos que se atopan ladeira abaixo do vertido”, explican. O Club argumenta que a vertedura non é súa, xa que a tubaxe sae dunha propiedade privada.