- Reportaxe As Letras de Luísa Villalta
- Cultura
As Letras de Villalta nas aulas: "De Luísa gústame que non estea calada, que diga o que pensa"
O alumnado do instituto Xosé Neira Vilas de Oleiros, onde traballaba como mestra Luísa Villalta mentres escribía o poemario En Concreto, está moi implicado na celebración das Letras deste ano porque lle está a permitir relacionarse coa autora a través da súa obra, na que recoñecen lugares, nomes e sensacións
- 🔊Podcast As Letras de Luísa Villalta Fálase
- Cultura
Fálase | As Letras de Luísa Villalta
Este ano estamos a seguir os pasos de Luísa Villalta. Dramaturga, narradora, ensaísta, filóloga, violinista, profesora e poeta. A artista coruñesa homenaxeada no Día das Letras pola Real Academia Galega ten tantas facetas que adentrarse na súa obra é toda unha aventura. Neste episodio do Fálase contamos coas escritoras e mestras Beatriz Maceda e Eli Ríos, que están a vivir con intensidade as celebracións deste 2024
- Reportaxe Dereito á vivenda
- Movementos sociais
Vigo e A Coruña, dúas caras da mesma emerxencia da vivenda
O problema do acceso á vivenda agravouse en todo o país, co 25,5% da poboación galega en risco de exclusión social, segundo os datos do Instituto galego de estatística do ano 2023, a falta de inmobles no mercado e uns prezos á alza con condicións ao alcance duns poucos as cidades galegas con maior poboación están ao límite de declarar unha emerxencia habitacional para á que non hai remedios á vista
'As chaves do tempo': a novela de Villalta que enfronta a Galicia medieval co reino das pantallas
“Silencio me chaman porque neste tempo en que vivo non se me escoita”. As chaves do tempo, de Luísa Villalta, é unha novela que conectou co público hai vinte anos e que a editorial Cuarto de inverno reedita acompañada das ilustracións de Zaira Barcia con motivo da homenaxe á autora coruñesa no Día das Letras. "Creo que esta novela é unha declaración de intencións en toda regra. Non dá puntada sen fío", di a editora Andrea Jamardo
Mareos, dor de cabeza, tos: sen cuantificar a exposición a tóxicos en anatomía patolóxica do CHUS
A Inspección de Traballo instou de maneira firme a xerencia da área sanitaria de Santiago e O Barbanza a realizar unha medición homologada que permita cuantificar os gases no ambiente dentro do laboratorio de anatomía patolóxica, no que traballan con formol. Mareos, dor de cabeza, tos, irritación dos ollos e da gorxa e malestar xeral son algúns dos síntomas que as profesionais relatan a Praza.gal
Pantera: unha revista sobre biodiversidade para crianzas que abandona o discurso adultocéntrico e potencia o gusto estético
A revista infantil Pantera, que edita Savanna books, publícase por primeira vez en galego este ano, diríxese a lectoras e lectores entre cinco e dez anos e conta cun enfoque centrado no coidado do planeta a través da educación emocional
- Entrevista | Sonia Méndez
- Cultura
"As Neves' é unha película de xente boa facendo cousas malas sen querer"
Sonia Méndez estrea o 10 de maio a súa primeira longametraxe de ficción, As Neves, na que leva traballando cinco anos e que produce desde a produtora Cósmica, que dirixe xunto a Nati Juncal, en colaboración coa produtora Aquí y allí. Un filme sobre as relacións entre un grupo de adolescentes nunha vila galega na que viven transitando a fronteira entre a hiperconectividade e o illamento.
Un envellecemento activo para que "a vida dure ben"
A psicóloga Marta Ramos é a encargada de impartir as conferencias sobre envellecer de forma activa que o programa Xunt@s da Deputación de Lugo está a levar por toda a provincia: "Non se trata de botarlle anos á vida, senón vida aos anos"
Da construción ao sector servizos: un Primeiro de maio polo traballo seguro
Nos dous primeiros meses de 2024, segundo os datos do Ministerio que recolle UGT, Galicia rexistrou un total de 4.581 sinistros laborais (incluídos os ‘in itinere’). 4.503 foron leves, 72 graves e 6 resultaron mortais. Este Primeiro de maio os accidentes laborais mortais xa ascenden a 13 en toda Galicia, segundo os cálculos da CIG
"A resistencia en Gaza é o único que queda porque non teñen armas, nin exército, nin apoio político ou económico"
Sara Ashour (Gaza, 2002) vive en Santiago desde os cinco anos, estuda o último curso do grao en Administración e dirección de empresas na Universidade de Santiago de Compostela e fala árabe, galego, castelán, inglés e francés. Marchou de Gaza o 31 de agosto de 2023, foron as últimas vacacións que puido pasar alí coa súa familia. Está a vivir o xenocidio do pobo palestino en directo, como toda poboación mundial, coa diferenza de que na súa casa recoñecen as vítimas que se ven a través da pantalla.
- Reportaxe
- Cultura
'+Cuñados: a comedia que quere ser comedia
'+Cuñados' chega esta fin de semana ás salas de cinema como a maior estrea comercial dun filme en Galicia na historia recente. A guionista Araceli Gonda e os actores Federico Pérez e Iolanda Muíños comparten con Praza os detalles desta segunda parte de 'Cuñados', producida pola coruñesa Portocabo
"Teño a manía de querer facerme entender"
"Considero que a performance encárgase de rachar as barreiras entre que é vida e que é arte". Silvia Penas leva a poesía alí onde vai, e non deixa de subirse os escenarios cos seus diferentes proxectos