A Xustiza paraliza a construción do parque eólico Acibal polo descubrimento de restos arqueolóxicos
A Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adoptou a medida cautelar solicitada pola asociación ecoloxista Adega de suspender as obras de construción do parque eólico Acibal (Amil, Moraña) autorizadas pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia. A medida ten como consecuencia a paralización inmediata das actuacións polo descubrimento de restos arqueolóxicos.