A homenaxe itinerante a Xabier P. DoCampo comeza na Coruña contando contos para lembralo
A primeira edición de Polavila Docampo terá lugar este venres no Fórum Metropolitano coincidindo co aniversario no nacemento do autor, finado en 2018. Poetas, músicos, narradoras e narradores orais, cantoras, escritoras e escritores e outras amizades participarán nunha xornada chea de historias. Cada ano celebrarase nunha localidade dunha provincia distinta.
María Mariño, 'Señora das Letras' para non ser "só flor dun día, esquecida nun andel"
A plataforma de crítica feminista A Sega anunciou que a poeta nacida en Noia e finada no Courel será a undécima Señora das Letras. Recoñecida o 2007 co Día das Letras, será homenaxeada o vindeiro 15 de agosto. "Non queremos o teu nome a pé de páxina, querémoste viva, para dinamitarmos contigo a historia que a ti te olvida", di a entidade nun comunicado.
Na metade dos concellos sobre os que hai datos os alugueiros encareceron máis dun 15% en cinco anos
A web do Ministerio de Vivenda inclúe información sobre a evolución do prezo mediano dos alugueiros en máis da metade dos concellos galegos, uns datos tirados da explotación da estatística tributaria e que amosan que a suba non só se limita ás cidades e áreas metropolitanas
O número de agresións sexuais con penetración duplicouse nos últimos cinco anos en Galicia
En 2023 rexistráronse 201 violacións, fronte ás 155 do ano anterior e as menos de cen que se producían anualmente antes de 2019. Vigo, con 36, foi a cidade con máis casos. O resto de delitos contra a liberdade sexual tamén aumenta de maneira importante e xa superan os 800.
O mapa colaborativo do 'Proxecto Palcos' cataloga 200 destes espazos de festa e comunidade
O proxecto do CSIC investiga "os palcos modestos de bloques, ladrillos ou formigón" construídos entre a década de 1960 e os anos 2000. O mapa cataloga 200 palcos en catro categorías: palcos vivos (que manteñen o seu uso), reapropiados (que adquiriron outra función), fósiles (abandonados e ás veces en degradación) ou lembrados (desaparecidos, pero dos que a comunidade garda recordo)
- Datos
- Economía
A industria galega aumentou un 61% a súa facturación dende 2016
Os 58.812 millóns que a industria galega facturou en 2022 supoñen un récord absoluto. Unha das claves hai que buscala no incremento dos prezos do gas e da electricidade, que fixo que os ingresos das compañías enerxéticas se multiplicasen. Con todo, o incremento da cifra de negocio responde a unha tendencia iniciada na década pasada e que non se limita ao sector enerxético
Radiografía do sector industrial galego: unha oportunidade de país en crecemento
En contra das imaxes estereotipadas, en Galicia hai industria. Altamente cualificada, avanzada tecnoloxicamente e internacionalizada, moi diversificada e estendida polo territorio. E cun tamaño e potencial coa capacidade de constituír a mellor oportunidade de futuro para o país. Recollemos as impresións do empresario Daniel Hermosilla e debullamos algúns dos exemplos desta rede de empresas.
- Entrevista | Víctor Sampedro
- Acontece
"Os bulos son unha arma que emprega a dereita para conservar os seus privilexios nun tempo de incerteza e crise"
No vixésimo aniversario do atentato de Atocha, Víctor Sampedro publica Voces del 11M. Víctimas de la Mentira, no que conversa con vítimas, xornalistas e policías que sufriron os efectos das mentiras do Goberno de Aznar e as posteriores teorías da conspiración.
- Entrevista | Eva Veiga
- Cultura
"O inicio da TVG foi un momento histórico para o país, foi a primeira vez que Galicia se miraba a si mesma"
Eva Veiga recibe este sábado o premio de Honra Fernando Rey na Gala de entrega dos premios Mestre Mateo. A Academia do Audiovisual destaca que a poeta "forma parte dunha xeración pioneira que fixo posible unha televisión pública comprometida coa información, a divulgación e a construción da identidade de varias xeracións de galegas e galegos"
O BNG captou o 18F o 30% do antigo electorado do PSdeG e o 60% de Galicia en Común
O estudo postelectoral do CIS amosa que o PSdeG só foi quen de reter a metade dos apoios que obtivera en 2020, mentres que confirma que non houbo trasvase de votos entre bloques (de esquerda a dereita ou viceversa) e o PP consolidou a maior parte dos seus votantes. A campaña decidiu o 30% dos votos e foi decisiva para BNG e Democracia Ourensana. A amnistía foi o tema sobre o que máis se falou, por riba da sanidade e os pellets.
Máis pisos turísticos, menos para alugar: as cidades galegas, escenario da presión que limita o acceso á vivenda
Nas sete urbes hai 1.435 vivendas dispoñibles para alugar fronte a 4.869 vivendas de uso turístico, cando hai tan só dous anos o seu número era equivalente.
Longas tramitacións e falta de prazas residenciais, principais eivas da atención á dependencia en Galicia
En 2021 o Ministerio de Dereitos Sociais aprobou un Plan de Choque cun importante aumento do financiamento estatal ao Sistema de Atención á Dependencia. A medida conseguiu un importante aumento do número de persoas atendidas e das condicións deste servizo, pero algunhas comunidades autónomas reduciron a súa achega aproveitando o maior investivento do Goberno central