- Entrevista | A. Baamonde e D. Hermosilla
- Economía
"A imaxe que os propios galegos creamos de Galicia como un país atrasado e sen industria fainos perder posibilidades"
En Galicia, distrito industrial (Galaxia) Baamonde e Hermosilla buscan desmontar ideas preconcibidas e erradas, amosando que Galicia posúe un sector industrial rico e variado, formado por unha miríade de empresas moi ben consideradas nos seus sectores, modernas, de alto valor tecnolóxico e cunha grande énfase na innovación e no deseño e moi internacionalizadas
37 anos de eleccións europeas en Galicia: alta abstención e sorpresas nunha cita que ata 2019 dominou o PP
Nas oito citas celebradas dende 1987, a participación foi tradicionalmente baixa, especialmente no ano 2014, cando só votou o 38,7% do censo. Os populares foron a forza máis votada en Galicia en todas as convocatorias, agás na última, na que se impuxo o PSdeG. O BNG acadou o seu máximo en 1999, co 22% obtido por Camilo Nogueira.
Dúas mortes en Pontevedra e Carballo engrosan a cifra de 150 traballadores da construción falecidos en Galicia dende 2010
CC.OO. fala dunha "semana negra" no sector e anuncia que, ademais de solicitar unha xuntanza con Inspección de Traballo para "adoptar medidas efectivas", visitará 350 obras en todo o país co obxectivo de revisar as medidas de seguridade existentes. A secretaria xeral de CCOO-Hábitat, Alejandra Gesto, pide "investigar a fondo" os sinistros e poñer o foco "tamén nas contratas".
Portugal vota nunhas eleccións sen maiorías claras e a ameaza do ascenso da ultradereita de Chega
A maior parte das sondaxes sitúan Aliança Democrática lixeiramente por diante dun Partido Socialista que podería perder entre 10 e 15 puntos, pero ningún dos dous acadará unha maioría suficiente para goberrnar. Chega pode triplicar o seus actuais escanos e busca un pacto con AD para entrar no Goberno
"Mentres non pechemos a fenda nos coidados non poderemos eliminar a desigualdade no emprego"
Neste Día da Muller Traballadora, os sindicatos poñen o foco na "corresponsabilidade" e no neceario reparto igualitario de tarefas no fogar para reducir a fenda salarial e as restantes desigualdades económicas entre homes e mulleres. Falamos coa economista Carmen Castro, que reclama "unha estratexia pública de abordaxe dos coidados que invista nos servizos públicos" e que avance cara á redución da xornada laboral
As razóns do 8M: o 40% das asalariadas gaña menos do SMI e a fenda de xénero non mingua
A CIG presentou hai uns días o informe sobre a Situación sociolaboral das mulleres en Galiza. Ano 2023, un documento que alerta de que no último ano a fenda salarial de xénero mesmo se incrementou. As maiores fendas salariais danse entre os grupos de maior e menor idade. En ambos os casos superan o 28%.
- Entrevista | Alejandro Vilar
- Ciencia e tecnoloxía
"Que os investigadores galegos saian fóra é bo. O malo é que Galicia non dea estabilidade aos que queren volver"
Investigal organiza o 8 e 9 de marzo en Bruxelas I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, que busca "tecer redes" entre os investigadores e investigadoras galegas que traballan noutros países e fortalecer os vínculos deste colectivo co ecosistema investigador do país.
A memoria democrática nos institutos, vacina contra o 'negacionismo' histórico
Integrantes do Grupo Histagra da USC presentaron ao alumnado de Bacharelato do IES Rosalía de Casto de Santiago o traballo de procura, identificación e exhumación dos restos de persoas represaliadas polo Franquismo que realizan dende hai tres anos. Falamos con Antonio Míguez Macho sobre a importancia deste tipo de actividades
Lingua e voto: o PP arrasa onde máis galego se fala; o BNG imponse onde menos se usa
O Partido Popular obtivo os seus mellores resultados o 18F nas comarcas con maior uso da lingua propia, e a maior porcentaxe de voto urbano en Lugo, cidade onde máis presenza ten o galego. O Bloque gañou na urbe e na comarca máis castelanfalante, a de Vigo.
O Estado publica o índice de prezos de alugueiro de vivenda, aplicable en 'zonas tensionadas' se a Xunta o decidise
O obxectivo é controlar a escalada de prezos do alugueiro, que está a facer cada vez máis difícil o acceso a unha vivenda digna. Porén, alén dunha función orientativa, o índice só ten aplicacións prácticas se os gobernos autonómicos aproban primeiro unha declaración de zonas tensionadas.
- Mapas interactivos 18F Eleccións galegas
- Política
Así votaron os barrios das cidades: o BNG impúxose nos barrios populares de Vigo e A Coruña e no centro de Compostela
O pasado 18 de febreiro o PP foi a forza máis votada en seis das sete cidades galegas, pero o BNG puxo a súa pica en Vigo. Podes ver nesta serie de mapas interactivos o resultado nas seccións electorais das sete cidades galegas e a evolución de cada partido en relación ao comicios de 2020.
Vingegaard volve exhibirse en Galicia no inicio do 'Gran Camiño' cara ao seu terceiro Tour
Na súa segunda participación no Gran Camiño o actual gañador do Tour de Francia volveu realizar unha demostración de dominio co que levou non só a clasificación xeral, a dos Puntos e a da Montaña, senón tres das catro etapas. Lenny Martínez e Egan Bernal completaron o podio dunha proba na que o vento, o frío e a chuvia marcaron a carreira.