A odisea dos oito mil galegos que construíron a Canle de Panamá
Este sábado inaugurouse en Auga Clara, nas esclusas da parte caribeña da canle, un monumento de bronce e silicio que homenaxea os milleiros de galegos que participaron no proxecto, impulsado pola panameña Fundación Nosa Terra. Dos máis de 45 mil obreiros que traballaron nas obras entre 1905 e 1914, 8.798 foron españois, e a maior parte deles galegos, contratados en orixe pola súa fama de "duros"
Ana Miranda e outros eurodeputados viaxan á fronteira de Gaza para reclamar a fin da invasión israelí
A visita da delegación do Parlamento europeo ao paso de Rafah, lugar de entrada da axuda humanitaria, quere facer fincapé no bloqueo que Israel está a exercer sobre esta axuda, imprescindible para a supervivencia de centos de miles de persoas, no que xa é unha das maiores crises humanitarias das últimas décadas, con máis de 30 mil palestinos asasinados polo exército israelí.
Ferrol inaugura o memorial aos mil asasinados polo Franquismo na comarca nun "acto de xustiza e reconciliación consigo mesmo"
O monumento, instalado no barrio de Canido, preto da tapia do cemiterio onde moitos foron fusilados, recolle os nomes de preto de mil persoas executadas polo fascismo nos meses seguintes ao Golpe de Estado de 1936 e durante a ditadura. O multitudinario acto contou coa presenza de familiares e de edís das comarca de Ferrol, Ortegal e Eume.
O número de aldeas deshabitadas en Galicia descende por primeira vez en dúas décadas
O número de núcleos deshabitados practicamente se duplicou entre o ano 2000 (1.236) e o ano 2022 (2.130), cun ascenso continuado sen excepcións. Porén, en 2023 a cifra pasou de 2.130 a 2.107, un descenso de máis de 20 aldeas, que pasaron a ter poboación.
- Datos
- Acontece
Cara ao país do millón de cans: o seu número medra un 34% en cinco anos, sobre todo nas zonas rurais
As cifras do rexistro de animais de compañía da Xunta (REGIAC) indican que o número de animais identificados legalmente se sitúa xa por riba dos 740 mil. Fronte á maior visibilidade que teñen nas cidades, os datos amosan que nas zonas urbanas seguen a ter moitos menos animais en relación ao seu número de habitantes e, sobre todo, aos nenos e nenas residentes.
Na Galicia máis moza a fenda entre PP e BNG minguou a 6 puntos e nas zonas máis ricas subiu ata 20
Nas seccións electorais con menos idade media a esquerda impúxose con claridade á dereita, que nas zonas máis envellecidas chegou a triplicar os votos do BNG. No 10% de seccións máis ricas os populares achegáronse ao 50% dos votos
Galicia gañou máis de seis mil habitantes o pasado ano grazas ao aumento da poboación nacida no estranxeiro
O forte incremento da poboación galega en 2022 e 2023 leva a cifra total ao seu máximo dende 2016. O número de persoas nacidas fóra do Estado español rolda o 11,2% e supera o 21% no grupo de idade entre 25 e 35 anos.
- Análise 18F Eleccións galegas
- Política
A esquerda incrementou a vantaxe na Galicia urbana e medrou no rural, pero un PP mobilizado afianzouse nas vilas medias
Os datos amosan que houbo unha importante mobilización do voto progresista. Porén, a dereita tamén se mobiliza cando o resultado é axustado. A maior participación nas cidades elevou de forma significativa o voto progresista (+34 mil), pero tamén se incrementou o voto conservador nas urbes (+22 mil). En cambio nos concellos entre 5.000 e 20.000 habitantes, a esquerda non foi quen de reducir as distancias coa dereita.
José Rodríguez, 'o matemático de Bermés', Científico Galego do Ano
Coincidindo co bicentenario do seu pasamento, a Real Academia Galega de Ciencias acordou homenaxealo. Foi un dos científicos europeos máis brillantes do seu tempo, contribuíndo a fixar o metro como unidade de medida ou a demostrar a teoría de Newton de que a Terra é achatada polos polos
O 18F, concello a concello: o PP fíxose forte en Pontevedra, o BNG medrou nas áreas metropolitanas e o PSdeG só resistiu en Lugo
O PP foi a forza máis votada en 295 localidades, o BNG en 13 e o PSdeG en 5. Os populares non baixaron do 30% en ningunha localidade e o seu peor resultado tivérono en Vilar de Santos (31,95%)
A mobilización do PP resistiu o trebón do BNG e Rueda aumentou 70 mil votos grazas á participación máis elevada dende 2009
A suma de PP e VOX rozou o 50% (49,61%), mentre que a de BNG, PSdeG e Sumar ficou a máis de dous puntos (47,48%). A participación aumentou e moito; votou o 67,31% do censo, oito puntos máis que nas eleccións de hai catro anos
A participación medra máis de seis puntos, con grandes aumentos na cidade de Ourense e en Ribeira
A mobilización do electorado é só lixeiramente inferior á rexistrada en 2009 a esta hora e supera en 7 puntos á de 2012 e 2016. Nas cidades hai grandes diferenzas entre o aumento da participación en Ourense (+10 puntos) ou Lugo (+9) e a evolución de Ferrol, onde só medra tres puntos. Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra móvense entre os seis e os sete puntos, con datos semellantes á media do conxunto do país