As xogadoras do Dépor abren un mes que pode ser histórico para o fútbol, baloncesto, hóckey ou o rugby da Coruña
Ao ascenso do Dépor á máxima categoría do fútbol feminino poden unirse as promocións do equipo masculino á Segunda división ou do Básquet Coruña á ACB. Pero, ademais, o HC Coruña participa na final four da Champions do hóckey feminino, as xogadoras do CRAT optan a gañar a liga de rugby e tamén o Maristas, o Zalaeta ou o OAR poden conseguir ascensos en baloncesto, voleibol ou balonmán.
O 90% da poboación de Vigo e A Coruña xa goza das vantaxes da 'cidade dos 15 minutos', por riba da media do Estado
Trátase dun obxectivo tan básico como que a cidadanía teña a maior parte dos servizos esenciais: sanidade, ensino, espazos comerciais e de ocio... a menos de 15 minutos a pé ou en bicicleta do seu fogar. Un estudo de City Access Map indica que o 92% da poboación da Coruña e o 89% da de Vigo ten acceso a estes servizos de proximidade, fronte a unha media do 80% no conxunto do Estado
- Entrevista | Suso Iglesias
- Cultura
"O do Xabarín non é nostalxia, é cabreo. É moita a xente que di: 'de rapaz tiven unha oportunidade que hoxe os meus fillos non teñen'"
Ás seis da tarde do 18 de abril de 1994, hai hoxe 30 anos, comezou a emitirse na TVG o Xabarín Club. Falamos co seu creador, Suso Iglesias, sobre os inicios do programa que marcou a toda unha xeración e sobre a evolución da programación infantil en televisión.
Arzúa, sen pediatra: "non aceptamos que as nosas crianzas carezan de atención médica axeitada pola falta de persoal"
O Centro de Saúde de Arzúa leva varias semanas sen pediatra, cuxa baixa non foi cuberta, unha situación que se repite dende hai meses, obrigando as familias a desprazarse a outras comarcas ou, directamente, a Urxencias. Falamos con Ledicia Orois, unha das nais mobilizadas.
As exportacións galegas de produtos de 'alta tecnoloxía' duplicáronse dende 2016
En 2023 Galicia exportou produtos de alta tecnoloxía por un valor de 633 millóns de euros, un 50% máis que en 2021 e o dobre que hai sete anos. O noso país vende moita máis alta tecnoloxía da que merca e tamén está a incrementar notablemente o persoal contratado neste tipo de actividades de alta cualificación. O sector químico, os materiais electrónicos, os produtos farmacéuticos e a aeronáutica lideran o crecemento.
- Datos
- Economía
De onde vén a enerxía que consumimos? Galicia, condenada á importación á espera de máis renovables
Galicia importa un 66% da enerxía que actualmente necesita e recorre principalmente ao petróleo e ao gas, fontes fósiles e contaminantes en proceso de substitución por renovables coma o vento e o sol. Os últimos datos do INEGA, do ano 2022, amosan que o país segue a camiñar moi lentamente cara á descarbonización.
Os prezos dos alimentos moderan a súa suba ao 5% e deixan atrás dous anos de escalada
Tan só o aceite de oliva mantén un encarcemento importante (+48%) nos últimos doce meses. O IPC aumenta tres décimas en marzo en Galicia, ata o 3,2%, e segue por riba da media española. Pola contra, a inflación subxacente, máis estable e que anticipa a evolución a medio prazo, segue a reducirse de forma clara
A "degradación" da Roda de Barreiros esperta as alarmas ante a desprotección deste círculo lítico único no Estado
ADEGA e Mariña Patrimonio levan á Valedora o "abandono" do xacemento, que xa denunciaron ante o Ministerio de Trasportes, titular dos terreos no que se asenta. Descuberto en 2006 durante as obras da Autovía do Cantábrico, que se viu obirgada a modificar o seu traxecto, os traballos realizados en 2015 serviron para situar o espazo nun lugar de "relevancia singular"
Monforte, Chantada e Sober demandan de Xunta e UE apoio á 'viticultura heroica' da Ribeira Sacra
Os plenos dos tres concellos aproban mocións, impulsadas por formacións locais de Interior Galego Vivo, e que recibiron achegas e apoio de PP, BNG e PSdeG con propostas para incentivar a viticultura tradicional. Demándanse incentivos para os produtores e unha PAC "que se adapte á nosa realidade para que se primen as hectáreas de viñedo en socalco".
Mellor en centros de día, peor en residencias e axuda a domicilio: as carencias de Galicia na atención a maiores
Os indicadores do Imserso permiten comparar a rede asistencial galega coa existente noutras comunidades autónomas. Malia ser un dos territorios máis avellentados, Galicia só supera a media española no que atinxe ás prazas en centros de día.
A Ulloa, unha comarca rural "de innovación e vangarda" que ve en risco o seu desenvolvemento económico por mor de Altri
Falamos con gandeiras, apicultores e empresas queixeiras ou de cosméticos como Arqueixal e Muuhlloa para recoller as súas opinións sobre o impacto da posible instalación do proxecto en Palas de Rei. Critican o discurso de Altri e salientan que no último mes, unha vez coñecidos os detalles, a maior parte da poboación posicionouse na súa contra.
A casa da familia Díaz Corral, que deu acubillo á dignidade en Narón
Entre 1936 e 1954 houbo unha casa no Couto (Narón), a carón da ría, que serviu como refuxio a moitas persoas perseguidas pola ditadura franquista. Este sábado 6 de abril o Parque do Cadaval acolle unha homenaxe á familia Díaz Corral que busca ser un recoñecemento a todas as persoas "que nos tempos tráxicos da Ditadura axudaron e acolleron á veciñanza perseguida"