Bendita tolemia! O Dépor renace a lombos da súa afección
Decenas de milleiros de persoas acompañaron o equipo branquiazul durante toda a tarde do domingo. O gol de Lucas Pérez selou o ascenso do equipo á Segunda División e deu paso a unha festa, dentro e fóra de Riazor, que continúa este luns coas tradicionais visitas institucionais, que rematarán en María Pita ás 19.30 horas.