Os Premios Martín Códax reivindican "a cultura de proximidade" na gran noite da música galega
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu unha gala, conducida por Xurxo Souto, que amosou o bo momento da escena do país. As Miudiño Sessións foron galardoadas como mellor proxecto de comunicación e Gloria Pavía como mellor artista emerxente. Nas categorías artístidas triunfaron Mondra, Terbutalina, Catuxa Salo, Caamaño&Ameixeiras, hydn, Lucía Aldao ou Guadi Galego