Bird Brother: a vida (dos lagarteiros) en directo desde a Casa (Grande de Xanceda)
O IES de Curtis e o Grupo Naturalista Habitat están a retransmitir o aniñamento dunha parella de lagarteiros da que en breve se agarda que nazan seis crías
O IES de Curtis e o Grupo Naturalista Habitat están a retransmitir o aniñamento dunha parella de lagarteiros da que en breve se agarda que nazan seis crías
Desde acender o móbil mediante pegada dixital ou recoñecemento facial, empregar un navegador que fale e informe con todo detalle das posibilidades de ocio nun destino turístico, as recomendación dos contidos na smart tv, ata dirixir un robot nunha operación médica. Non imos descubrir agora que a evolución da intelixencia artificial (IA) é imparable. Máis si cómpre reparar nas implicacións que a primeira normativa comunitaria sobre esta materia que vén de validar o Parlamento pode ter para Galicia e máis concretamente para o idioma galego, que vai contar cunha ferramenta legal para exixir a súa non discriminación nos servizos da intelixencia artificial.
Os PFAS son substancias químicas presentes en utensilios cotiáns como tixolas antiadherentes ou roupa impermeable, pero tamén contaminantes "extraordinariamente persistentes no medio ambiente nos nosos corpos". O proxecto 'The Forever Pollution Project', que vén de ser recoñecido nunha prestixiosa revista científica, identifica en Galicia múltiples depuradoras, plantas de tratamento de refugallos como Sogama, industrias como Alcoa ou Ence ou varias madeireiras como puntos nos que é "moi probable" que exista contaminación por PFAS
O principal programa galego para contratar persoal investigador con tese de doutoramento incorpora un aumento da duración dos contratos ata 6 anos, pero tamén algúns criterios de acceso e avaliación duramente criticados pola Rede Galega pola Investigación, que subliña que "vai contra o desenvolvemento dun sistema investigador galego de primeiro nivel" e mantén a "endogamia" actualmente existente
Victoria Otero Espinar, catedrática de Análise Matemática na Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidenta primeira da Real Sociedade Matemática Española, foi elixida recentemente vicepresidenta do Comité Español de Matemáticas. Namorada da docencia, insiste en que a xente debe ter en conta que "saber matemáticas vai ser importante para a súa vida, independentemente de onde vaian, coñecelas vai sumar na súa actividade profesional"
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da universidade compostelá e a Xunta, formará parte durante os vindeiros seis anos da rede de centros acreditados como Unidade de Excelencia María de Maeztu, o que lle garante un investimento extraordinario e un impulso para a súa actividade investigadora.
Segundo os datos da Aemet, decembro foi "cálido", xaneiro foi "extremadamente cálido" e, de feito, foi "o máis cálido desde 1961" e, igualmente, febreiro foi "moi cálido". Ademais, este inverno foi húmido en Galicia, cun 14 % máis de precipitación do normal. Espérase que esta primavera tanto as temperaturas coma as precipitacións estean por riba do normal
Investigal organiza o 8 e 9 de marzo en Bruxelas I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, que busca "tecer redes" entre os investigadores e investigadoras galegas que traballan noutros países e fortalecer os vínculos deste colectivo co ecosistema investigador do país.