Pontevedra vestirase de gala para acoller os Premios Feroz en 2025 e 2026
Alfombra vermella, celebridades paseando ao carón do Lérez… Pontevedra vestirase de gala para acoller durante os dous vindeiros anos a celebración dos Premios Feroz, que chegan por primeira vez a Galicia nos seus once anos de historia. A primeira cita xa ten data: o sábado 25 de xaneiro de 2025 no Pazo da Cultura.